15/05/10

Ronseis de lectura V

Falar de Circe e falar de feminismo, de muller.

- Agustín Fernández Paz: As flores radiactivas. / . Rapazas. Xerais
- Fina Casalderrey: A lagoa das nenas mudas. Xerais
- María Reimóndez: Usha. Xerais
- Mª Xosé Queizán; O segredo da pedra figueira. Xerais
-
Marilar Aleixandre: A expedición do Pacífico. Xerais
-
Xosé A. Neira Cruz: Valdemuller. SM
- Fran Alonso: Cartas de amor. Xerais
- Xavier López: Destrucción. Xerais
- Begoña Paz: A ferida. Xerais
- Amelie Nothomb: Un nome de diccionario. Galaxia
- Lupe Gómez: Fisteus era un mundo. A Nosa Terra
- Medos Romero: O pozo da ferida. Deputación da Coruña
- Asne Seierstad: El librero de Kabul. Maeva
- Teresa Moure: As palabras das fillas de Eva. Galaxia
- Lisa See: El abanico de seda. Salamandra
- Pearl S. Buck: Viento del este, viento del oeste. Plaza & Janés
- Dulce Chacón: La voz dormida. Santillana
- Laura Restrepo: Delirio. Punto de lectura

14/05/10

Con Begoña Caamaño

Foi unha mágoa non dispor de máis tempo para falar con Begoña. Ao coñecela causounos unha gratísima impresión e logo, na conversa, resultou unha muller moi interesante e con moitas cousas que contar. Falounos das súas inquedanzas relacionadas coa muller e co feminismo, do seu gusto polos clásicos e a súa indagación na parte máis humana que se agocha tras os mitos e que nolos achega ata o punto de poder identificarnos con eles...
Quedaron no tinteiro as súas experiencias en África (especialmente a súa colaboración coas mulleres de Mozambique), o seu traballo na radio relacionado coa nosa cultura e tantas outras cousas que non tivese gustado comentar con ela.
Agardamos contar con ela noutra ocasión para seguir falando de todo un pouco, por exemplo, desa nova novela que, segundo nos dixo, xa ten entre mans e que estamos desexando ler.





13/05/10

"Un(ha) artista nunca é pobre"

O noso querido Agustín segue a mandarnos información sobre o que lle pedimos: a súa música, o seu cine... Arestora dinos:

Velaquí a secuencia magnífica e inesquecible de El festín de Babette, aquela en que Stéphane Audran, despois de gastar ata o derradeiro franco na cea memorable que lles deu aos velliños da aldea danesa, pronuncia a frase que lle dá sentido a toda a película: "Unha artista nunca é pobre". Marabillosa!





Moitas grazas Agustín. Grazas por lembrarte de nós; que saibas que sempre te levaremos no noso corazón lector.


05/05/10

Con Agustín Fernández Paz

Que gran invento a videoconferencia! É certo que, en ocasións, a comunicación pode resultar algo fría, pero non é o caso cando o interlocutor é Agustín Fernández Paz. A súa cercana amabilidade, a súa sinxeleza e a humanidade que trascende fixeron sentilo moi próximo, coma se estivese entre nós. Con Agustín, definitivament, non hai Valados.
Agustín falounos do seu proceso literario (amosounos a súa libreta de "primeiro borrador"), de cantas correccións ten que facer un escritor, de cales son os seus autores preferidos (Paul Auster en primeira liña), de cine, de música...
Cando unha alumna lle preguntou: "se existise a reencarnación, volverías a ser escritor?", el respondeu que estaría ben ter nacido en Liverpool nos anos 60 e tocar a batería nun destes grupos:







Afirmou que para ser bo escritor cómpre primeiro ser un bo lector e ver moito cine, algo que el fai cada día. Entre as súas películas, destacou "París-Texas", aínda que nos vai mandar un listado de recomendacións para as rapazas e os rapaces do club. Unha mostra clara do seu sentido do humor foi cando nos comentou que lle encantara o anuncio da camiseta que veu no noso blogue o día anterior.
Voou o tempo entre as súas mans, malia a distancia demostrou que a calidez humana é inherente ao individuo estea onde estea, e deixounos a todos e a todas completamente "colgados" del.
Moitas grazas, Agustín, por todo!