01/07/09

Con Antón Fortes

Última reunión do noso club. Mellor dito, derradeira, témome. Todo un luxo contar nesta ocasión con Antón Fortes, con quen falamos longo da 2ª Guerra Mundial e do holocausto. Non todo o alumnado puido asistir polas datas, pero contamos cun convidado de excepción: un alumno doutro club de lectura. Resultou por tanto, unha experiencia fructífera con novos puntos de vista. E Agustina descubreunos un pasado intrigante do que queremos saber o final.
Grazas, Antón, por vires.
Grazas a todos os compoñentes do club por facermos camiño.